GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado sábado, ás 18:00 horas, o Obradoiro Silleda e o Instituto Rosalía enfrontábanse, no pavillón do Rosalía, na 17ª xornada do grupo A-B da Liga EBA.

Nos primeiros minutos do encontro solo houbo un equipo en pista. O Instituto Rosalía marcaba o ritmo do choque e ía ampliando ataque tras ataque a súa vantaxe ata lograr endosar aos obradoiristas un contundente parcial de saída de 17-0 no marcador.

A partires dese momento, os visitantes foron pouco a pouco atopando mellores sensacións, chegando incluso a poñerse a cinco puntos a mediados do segundo período.

Sen embargo, os locais estiveron moito máis serios en todo o encontro, volvendo a dominar o rebote e o ritmo do xogo . Deste xeito no terceiro cuarto os locais alcanzaban a máxima diferenza no electrónico, con trinta puntos de vantaxe.

Nos últimos dez minutos, o Obradoiro Silleda buscou novas solucións e, a partires dunha presión defensiva moito máis alta e de xogar con ata catro xogadores exteriores, comezaron a atopar solucións en ataque que non atoparan en todo o encontro.

Deste xeito, aproveitaron a relaxación nos últimos instantes do Intituto Rosalía para reducir ao máximo as diferenzas no marcador, pero a losa que tiñan que superar do inicio do partido e da segunda parte era demasiado grande como para poder loitar pola vitoria. Finalmente vitoria por 72-65 para o Instituto Rosalía que dominou con claridade o derbi, nun partido no que os obradoiristas non estiveron cómodos.

http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=1892774

Os parciais por cuartos foron: 20-6, 15-15, 29-16 e 8-28.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda recibirá o domingo, ás 18:00 horas no pavillón César González Fares de Silleda, a un dos candidatos ao título: o C.B. Chantada.