O Obradoiro Peleteiro logra unha gran vitoria na súa visita ao Paco Paz de Ourense (67-74)
O pasado sábado, ás 12:00 horas, o Obradoiro Peleteiro enfrontábase no Paco Paz a un duro rival como sempre é o Rio Ourense Termal. Nun encontro marcado polas ausencias por lesión en ambos conxuntos, a igualdade mantívose ata os derradeiros minutos, nos que os obradoiristas lograrían unha pequena renda que xestionaron para volver cunha nova vitoria.