GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Obradoiro – Silleda chegaba a Chantada co convencemento de competir ao máximo contra un dos favoritos da competición. E así o fixo. Dende o primeiro instante o equipo de Oriol Junyent mostrou a súa mellor cara e, gracias a un intenso primeiro cuarto, logrou chegar a obter diferenzas de máis de dez puntos.

Co paso dos minutos e das rotacións en ambos equipos, os locais comezaron a encontrar ocos na defensa obradoirista, reducindo as diferenzas e chegando ao descanso tan só cinco puntos por debaixo.

A volta de vestiarios o partido foi de claro dominio local. Un grandísimo nivel defensivo bloqueou por completo o ataque santiagués e deu a volta ao encontro.

Sen embargo, o Obradoiro – Silleda non se deu por vencido e continuo loitando cada posesión ata o último instante e tivo nos últimos dous minutos opción para volver a disputar o partido pero finalmente a victoria quedou na pista do CB Chantada.

Pese a volver coa primeira derrota da tempada, o Obradoiro – Silleda demostrou que tratará de competir ao máximo cada encontro, pero que traballará para mellorar e poder seguir sumando vitorias contra equipos deste nivel.

O próximo partido do Obradoiro – Silleda xogarase como local a próxima semana fronte ao C.B. Culleredo.