O Obradoiro CAB – Cenor cae na volta das semifinais contra o Instituto Rosalía (54-65)
Despois dunha gran tempada chegou o final de liga para o equipo Obradoiro CAB – Cenor, que non foi capaz de darlle a volta ás semifinais contra o Instituto Rosalía. Nun encontro de volta no que competiron durante os corenta minutos, os visitantes acabaríanse levando unha merecida vitoria do pavillón Lorenzo de la Torre por un 54-65 final.