GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado fin de semana o Obradoiro CAB – Cenor afrontaba a primeira eliminatoria polo título da 2ª División Junior visitando a sempre complicada pista do La Salle.

Aínda que o primeiro cuarto foi totalmente dominado polos locais gracias a unha gran intensidade e a un mal traballo defensivo dos obradoiristas no seu 1x1, os visitantes foron pouco a pouco axustando a súa defensa para volver de novo ao encontro. A partir do segundo parcial, o Obradoiro CAB – Cenor foi capaz de igualar en intensidade e concentración ao seu rival, logrando irse ao descanso cunha lixeira renda por 39-40.

A volta de vestiarios, o Obradoiro CAB – Cenor foi capaz de dominar o ritmo do encontro, pero xusto no último minuto os locais foron capaces de impartir un parcial de 8-0 para rematar o encontro, que non impediu o triunfo obradoirista por 67-74, pero que si mantén a eliminatoria viva para a volta dentro de dúas semanas.