GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado sábado, o Obradoiro Peleteiro recibía en Montouto a un equipo cun gran ritmo como o Sigaltec, nun partido no que os obradoiristas chegaban cas ideas moi claras e con gañas de redimirse da súa última derrota.

Dende o primeiro minuto, os locais despregaron un gran ritmo en ambos lados da pista, anotando con fluidez e controlando con contundencia o rebote. Sen embargo, demasiados erros en finais de posesión permitían aos de Vilagarcía anotar de forma doada cerca do aro.

A partires do segundo cuarto, o nivel defensivo do Obradoiro Peleteiro foi en aumento, o control do un por un, unido a boa defensa no bloqueo directo e as constantes rotacións defensivas, facía que os visitantes comezaran a cometer perdas de balón que aproveitaron para lograr chegar ao descanso cun 50-30 ao seu favor.

Na segunda parte o ritmo do partido mantívose, con ambos equipos probando diferentes situacións de cara ó futuro e continuando traballando a pesar da diferencia no electrónico.

Os parciais por cuartos foron: 28-19, 22-11, 21-13 e 30-14.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Peleteiro visitará o sábado, ás 12:00 horas, ao Club Ourense Baloncesto, nun encontro no que deberán de amosar a súa mellor versión para volver cunha nova vitoria.