GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Obradoiro Peleteiro visitou a cancha do Sigaltec sabendo da dificultade do encontro, realizando uns moi serios corenta minutos e certificando o seu quinto triunfo neste arranque de liga.

Nos primeiros minutos os locais mantiñan unha gran velocidade no xogo e castigaban con varias penetración aos obradoiristas pero, co paso dos minutos, os visitantes eran capaces de comezar a dominar o rebote e a manter un altísimo nivel defensivo que lle permitía anotar en cómodas situacións de contraataque.

Xa no segundo e terceiro cuarto, o Obradoiro Peleteiro encontrou o seu mellor nivel de xogo: cunha asfixiante defensa e boa circulación de balón os de Santiago ían aumentando cada vez máis a diferencia no electrónico.

Pese as diferencias no marcador o Sigaltec nunca deixou de loitar, disfrutando dun gran nivel competitivo de ámbolos dous equipos ata o final do encontro.

Os parciais por cuartos foron: 16-20, 9-30, 8-24 e 10-19.

O próximo sábado, ás 10:00 horas, o Obradoiro Peleteiro recibirá no seu campo ao outro único invicto da competición e vixente campión galego, o COB, nun encontro nos que os obradoiristas tratarán de despregar o seu mellor xogo para continuar con este bo arranque de temporada.