GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado sábado chegaba a Montouto un conxunto que viña de lograr a vitoria fronte ao COB e de levar á prórroga ao Sigaltec, un encontro ao que ademais os de Santiago chegaban cas baixas de Andrés Romano e Alex Carrera.

O inicio do encontro estivo marcado polo desacerto en ambos lados da pista pero, pouco a pouco, os locais comezaron a sumar ao contraataque gracias a rápidas transicións, o que lles concedía as primeiras vantaxes no electrónico.

Sen embargo os de Narón realizaron varios axustes defensivos durante o segundo cuarto que provocaba que a dinámica do encontro cambiará por completo. O ritmo do encontro era agora dos visitantes, quee chegaban a poñerse a tan só un punto no marcador.

Xa na segunda parte, o Obradoiro-Peleteiro encontrou os puntos débiles da defensa visitante o que, unido a unha gran circulación de balón, ao dominio do rebote e ao acerto exterior, lles permitiu rachar o encontro e sumar ata sesenta puntos na segunda metade. Os parciais por cuartos foron: 19-12 / 13-11 / 29-18 / 31-12.

A próxima xornada o Obradoiro-Peleteiro visitará o domingo, ás 17:00 horas, ao Cidade de Lugo nun encontro para o que esperan comezar a recuperar efectivos e continuar ca mesma dinámica de crecemento.