GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas tiveron que traballar durante todo o encontro para derrotar aos de Vilagarcía, nun partido no que os visitantes foron a maioría do tempo por diante no marcador pero, gracias a un gran parcial de 25-7 nos últimos dez minutos, os composteláns foron capaces de alcanzar un importante triunfo.

O encontro comezaba cun ritmo moi alto por parte de ámbolos dous conxuntos pero, pouco a pouco, o Sigaltec iba dominando o rebote e logrando as primeiras rentas no marcador. No segundo parcial a dinámica cambiou: os locais foron capaces de pechar moito mellor o rebote e, a partir de ahí, atopar máis situacións de contraataque.

Sen embargo, os visitantes continuaban moi cómodos no partido, sumando con seguridade dende o tiro libre e defendendo unha pequena renda de sete puntos ao seu favor. Nos últimos dez minutos o ritmo cambiou por completo. A defensa obradoirista subiu varios niveis e lograba frear por primeira vez o ataque rival. Minuto tras minuto as diferencias reducíanse, a boa defensa permitía ao Obradoiro – Peleteiro sumar puntos ao contraataque o que, unido ao control do rebote e a boas seleccións de tiro, fixeron que os locais lograran dar a volta ao electrónico e sentenciar o partido nos últimos minutos por un 63-50.

Trátase dunha importante vitoria para o Obradoiro – Peleteiro grazas a un grandísimo traballo de todo o equipo fronte a un rival moi serio. A próxima semana o equipo recibirá de novo no seu feudo ao Basquet Coruña, o domingo as 17:00 horas.

Parciais: 10-17, 13-10, 15-16 e 25-7.