GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas basearon a súa vitoria no terceiro período, no que gracias a un parcial de 4-21 deixaron encamiñada a vitoria.

Durante a primeira metade o Obradoiro CAB – Cenor encontrou moitos problemas no campo do San Pelayo para atacar a súa defensa zonal 2-3 pero, pouco a pouco, a toma de decisión foi mellorando. A partir do terceiro cuarto lograron atacar con moito máis criterio o que, unido a unha boa defensa, permitiulles alzarse cunha nova vitoria, esta vez por 24-44.

Na vindeira semana, os obradoiristas enfrontaranse ao Enseñanza, o domingo as 10:00 horas, no pavillón Lorenzo de la Torre.

Parciais: 6-7, 8-8, 4-21 e 6-8.