GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O conxunto obradoirista acada unha nova vitoria na 1ª División Galega Infantil.

Desta volta, derrotou ao C.B. Artai cun marcador de 43-68. Custoulle entrar no partido aos visitantes (7-10 de parcial no primeiro cuarto). Pouco a pouco asentáronse na pista, rompendo o partido no segundo e terceiro cuarto (14-25 e 6-15 de parciais, respectivamente). Ao final, un parcial de 16-18 no derradeiro período confirmou a vitoria obradoirista.

Na próxima xornada, o Cenor Obradoiro CAB medirase o Estudiantes de Lugo, o domingo ás 12:00 horas, no Lorenzo de la Torre.