GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas caeron no seu campo fronte ao duro Instituto Rosalía por 51-83 despois dun encontro de continuos altibaixos por parte do equipo local.

O conxunto obradoirista pagou a súa irregularidade ao longo do encontro, no que se alternaron minutos de certa desconcentración con minutos de moita calidade. Os visitantes, pola contra, aproveitaron a súa maior presenza física para sacar proveito dos momentos de imprecisión obradoiristas.

O Cenor – Obradoiro CAB foi capaz de competir durante a maior parte dos minutos pero esos momentos de desconexión permitiron que o Rosalía lograra diferenzas que a larga serían definitivas.

Non obstante, puidose ver a mellora do Cenor - Obradoiro CAB respecto á primeira volta. Os parciais foron 8-17, 12-25, 10-20 e 21-21.

Na vindeira xornada, o Cenor-Obradoiro CAB viaxará a Ferrol para medirse ó Academia COPS – Basket Ferrol ás 10:00 horas.