GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O conxunto santiagués consegue unha meritoria vitoria fronte ao Basket Ames por 76-32 na terceira xornada da 2ª División Cadete.

Xa desde o inicio do partido os do Obra impoñían o seu ritmo de xogo tanto en ataque coma en defensa, logrando canastras en transicións rápidas tras roubos e rebotes defensivos, para poñer un parcial de saída de 8-0 e acabar o primeiro cuarto cunha renda de vinte puntos (28-8).

A medida que transcorría o xogo, deixábase notar a diferenza de persoais e os locais aumentaban a diferenza no marcador a base de bo xogo colectivo, buscando a mellor selección de tiro.

Ao final, vitoria clara por 76-32 que axudará a continuar ca mesma liña de crecemento do equipo. Os parciais por cuartos foron: 28-8 / 18-8 / 14-10 /16-6.

A próxima xornada o Cenor - Obradoiro CAB visitará a localidade de Noia co obxectivo de encadear a súa terceira vitoria consecutiva.