GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O equipo cadete caeu derrotado no seu campo na estrea na 2ª División Cadete contra o Compañía de María por 33-46.

Tras un inicio moi disputado e bastante errático por parte de ambos equipos onde as defensas se impoñían aos ataques, chegouse ao final do primeiro cuarto cun axustado 8-12 para o conxunto visitante.

O segundo e terceiro cuarto continuaron baixo a mesma tónica, sen poder subir o ritmo de xogo e caendo en imprecisións, pero o equipo seguía mantendo unha boa defensa colectiva e o partido mantíñase nun puño. Uns parciais de 13-8 (2ºT) e 6-7(3ºT) fixeron que o electrónico reflectise 27-27 ao final do terceiro cuarto.

Non foi ata os catro minutos finais cando o Compañía de María rompeu o partido grazas a tres perdas consecutivas na saída de balón dos obradoiristas, anotando tres bandexas fáciles e un triple que desmoralizou ao equipo para acabar cun avultado 33-46 que non reflicte a igualdade que caracterizou ao partido durante trinta e cinco minutos.

Un partido que deixa moitos aspectos para corrixir, principalmente en ataque, de fronte ao segundo partido de Liga que será o fin de semana do 6 de novembro contra o C.B. Santa Baia, na localidade de Boiro.