GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado xoves 12 de Outubro non foi festivo para o Monbus Obradoiro xa que tocou seguir preparando o próximo partido contra o FC Barcelona Lassa deste domingo, nin tampouco o era para o seu equipo filial en Liga EBA, o Obradoiro - Silleda.

Ambos equipos realizaron unha nova sesión de adestramentos no Multiusos Fontes do Sar, tralas que ambos equipos se reuniron na pista central para sacar unha foto de familia e realizar o berro conxunto "Un, dous, tres... OBRA!" para coller forzas neste comezo de temporada.