GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Terán lugar durante a tarde do venres 5 de xuño no pavillón Lorenzo de la Torre

O Rio Natura Monbus Obradoiro organiza a próxima semana unha xornada de captación de xogadores para as súas categorías base, en plena fase de crecemento grazas entre outras cousas, á colaboración da recentemente activa Fundación Heracles.

A xornada terá lugar o próximo venres 5 de xuño no pavillón Lorenzo de la Torre. A sesión estará dividida por idades: de 17 a 18 horas poderán participar os nenos nacidos nos anos 2006 e 2007; de 18 a 19 horas será a quenda dos dos anos 2004 ou 2005; de 19 a 20 horas tocaralle aos nacidos entre 2002 e 2003 e por último, os máis maiores, nacidos no ano 2001 ou 2000, que poderán realizar as súas probas entre as 20 e as 21 horas.

Ás probas poderán asistir todos os nenos que desexen unirse aos equipos masculinos que ten nestes momentos o club, sen necesidade de anotarse previamente. Tampouco se esixe un nivel mínimo, polo que o único requisito é acudir con roupa de deporte e zapatillas, para poder levar a cabo a actividade deportiva.