GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

A Fundación Heracles presentou hoxe a súa actividade ante os medios na sede central do Grupo Cenor, cuxo xerente Javier González é patrón desta. O tamén conselleiro do Rio Natura Monbus Obradoiro estivo acompañado polo propio presidente da organización, Pepe Casal, así como polo técnico do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, e polo seu director xeral, José Luis Mateo.

O anfitrión González inaugurou o acto satisfación e mostrou o seu agradecemento aos demais patróns, para logo explicar que "o obxectivo principal da fundación é fomentar a práctica do baloncesto en Galicia, pero o seu labor tamén será importante para involucrar máis empresas no proxecto baloncestístico en Santiago, que pouco a pouco se vai consolidando. O seguinte paso neste proceso é chegar a ser unha canteira referente no norte de España".

A intervención de Pepe Casal aclarou aos presentes que Heracles traballará para que "ningún neno de Galicia co espírito que o Rio Natura Monbus achega aos afeccionados ao baloncesto teña que irse a outros sitios para poder chegar á elite. A Fundación proporcionará ferramentas para cumprir ese obxectivo e facer exercer a práctica deportiva e a nosa rexión". Comezando a súa actividade, no calendario da fundación están xa fixadas tamén outras citas ineludibles, como o Clínic "Desmontando o adestrador axudante" ou o Campus Obradoiro CAB de verán, así como outras actividades que serán presentadas proximamente

Aínda que está presente a chegada da Minicopa do Rei 2016 a A Coruña, a Fundación non se pon prazos cronolóxicos para ir logrando as súas metas. O propio Moncho Fernández, tras mostrarse encantado por compartir mesa con Javier González porque "Cenor fala sempre de valores, algo que me gusta moito, que proba que dende a humildade e dende o traballo ben feito se pode competir con xigantes", explicou que "ogallá algún día poida dicirlle a un rapaz criado na nosa canteira que se prepare que vai debutar en Liga Endesa. Non obstante, o menos importante é o tempo, porque aquí non inflúen só medios técnicos ou físicos, tamén hai que encontrar o talento. É moi difícil, pero polo menos poderemos ter as mesmas ferramentas que noutras cidades con club Liga Endesa para, se ese talento surje, poder canalizalo”. Tamén menciona o concepto "canteira social", debido a que "de aquí tamén sairán os novos afeccionados, adestradores, delegados, etc".

Os presentes cerraron o acto asegurando que proximamente a Fundación porá en marcha novos proxectos dirixidos a cumprir as primeiras metas fixadas.