O Obradoiro - Silleda viaxará ata Chantada en busca da súa segunda vitoria
O sábado ás 18:30 horas no pavillón municipal de Chantada, o Obradoiro - Silleda medirase a un dos galos da categoría. Un Ucoga Seguros C.B. Chantada que vén de gañar de forma contundente na primeira xornada ao C.B. Culleredo, e de perder na difícil pista do Cidade de Ponferrada.
Despois dunha longa preparación para este debut en Liga EBA o equipo de Oriol Junyent presentábase no Pazo Paco Paz de Ourense co obxectivo de competir ao máximo neste estreo de Liga e lograr volver ca primeira vitoria.