O Obradoiro Silleda logra unha nova vitoria na difícil visita do Ponferrada (75-80)
Dende o inicio do partido, o Obradoiro Silleda deu mostra das súas intencións e, grazas a unha alta intensidade defensiva e do seu traballo en equipo foron capaces de frear aos homes máis importantes do Residencia Las Encinas Ciudad de Ponferrada.
O pasado sábado o pavillón César González Farés de Silleda acolleu o primeiro partido como local do equipo EBA do Obradoiro ante o CB Culleredo, e fíxoo cunha fantástica entrada e unha importante vitoria para o equipo local.