GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Despois de loitar ata o último instante nos seus dous últimos encontros, o Obradoiro Silleda recibía a un dos planteis máis duros da competición: o Residencia las Encinas Ciudad de Ponferrada. Pero, a pesar do duro rival que tiveron enfronte, os obradoiristas realizaron un gran encontro para lograr unha nova vitoria por 96-82.

O encontro comezou cun altísimo ritmo de xogo por parte de ambos equipos, con ademais, un gran acerto de cara ao aro que provocou unha alta anotación no partido. Os obradoiristas iniciaban o primeiro cuarto con moi boas lecturas ofensivas, pero con problemas para pechar o rebote defensivo. Esta superioridade baixo os taboleiros durante a primeira metade facía que o Residencia las Encinas Ciudad de Ponferrada se mantivera soamente tres puntos por debaixo ao descanso, 44-41.

Á volta de vestiarios mantívose a tónica da primeira parte, cun Obradoiro Silleda fantástico dende a liña de persoal (20/23 ao final do encontro) e co CDP tratando de manterse a través da súa superioridade no rebote e provocando varias perdidas do balón nos locais. Sen embargo, nos últimos dez minutos os obradoiristas foron capaces de dar un salto defensivo, apretando moito máis todas as liñas de pase e logrando manter unha boa circulación de balón que lles permitiu controlar o partido fronte a un grandísimo rival.

Importante vitoria por 96-82 do Obradoiro Silleda antes de viaxar a próxima semana a Zamora para medirse o domingo as 12:30 horas fronte o Innova Chez.

Os parciais por cuartos foron: 23-17, 21-24, 21-23 e 31-18.

http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=1892803