GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O encontro comezou cun Obradoiro Silleda dominando o rebote e castigando preto do aro, cun parcial favorable de 8-0 que obrigou ao seu rival a parar o encontro. Despois deste gran arranque os locais empeoraron o seu nivel defensivo, o que propiciou que o Leyma Basquet Coruña se enganchase de novo ao encontro.

Xa no segundo cuarto os locais comezaron a ter problemas nos seus pívots en forma de faltas persoais, o que lles obrigou a xogar cun quinteto máis pequeno e que concedía ao seu rival demasiadas opcións de segundas oportunidades. Pese a isto, os obradoiristas foron capaces de castigar a campo aberto ao Leyma Basquet Coruña e manter a iniciativa no marcador ao descanso.

No comezo do segundo tempo, o Obradoiro Silleda volveu cun quinteto máis alto, volvendo a xogar máis ordeados, o que lles permitía lograr unha boa vantaxe que xa non abandonarían ata o final do encontro pese a loita do Leyma Basquet Coruña ata os instantes finais.

Importantísima vitoria dun Obradoiro Silleda que foi capaz de sobreporse ás numerosas baixas e volver a senda do triunfo no seu campo. Haberá que seguir traballando a gran nivel para continuar pelexando cada partido nunha tan igualada Liga EBA.

Os parciais por cuartos foron: 17-19, 18-15, 24-17 e 17-17.

http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=1892714

O próximo encontro do Obradoiro Silleda será o próximo sábado as 19:30 horas na pista do Basquet Gijón.