GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado domingo o Obradoiro Silleda desprazouse ata Salamanca para visitar a complicada cancha do Aquimisa Carbajosa, nun encontro totalmente igualado dende o salto inicial no que os obradoiristas chegaron sen combustible a uns últimos minutos onde se saíron do encontro.

Tras un comezo moi inspirado dos xogadores do Obradoiro Silleda no que gracias a unha gran defensa lograban anotar ao contraataque e un mal comezo dos locais, os obradoiristas lograba coller as primeiras vantaxes no marcador. Pero conforme foron pasando os minutos, os locais foron asentándose e volveron a empatar o choque.

No segundo cuarto, a anotación de ambos equipos baixou notablemente. Os erros en boas posicións de tiro unido a un elevado número de perdidas fixo que a igualdade se mantivese ao descanso (30-26).

Despois do descanso os locais alcanzaban por primeira vez os dez puntos de vantaxe, pero os obradoiristas non baixaron os brazos e, con moita máis calma en ataque e un moi bo nivel defensivo, foron recuperando as súas mellores sensacións e igualaron de novo o marcador no inicio do último período.

O último cuarto continuaba marcado pola igualdade, varias canastras de mérito dos obradoiristas facía soñar coa oportunidade dunha gran vitoria, pero nos últimos dous minutos varias perdidas consecutivas levou aos visitantes a unha desesperación que provocou que o resultado final fora moito máis avultado do que marcou o encontro.

Pese ao marcador final, partido moi igualado do Obradoiro Silleda na súa visita a Salamanca, onde competiron de igual a igual ata o minuto 37, pero no que os momentos de precipitación os levou a unha nova derrota.

Os parciais por cuartos foron: 16-17, 14-9, 21-21 e 25-11.

O Obradoiro Silleda disputará o encontro aprazado da segunda xornada o próximo mércores día 15 de Novembro no pavillón municipal César González Fares de Silleda, a partir das 21:15 horas, no derbi Santiagués.