O Obradoiro Silleda perde o seu primeiro encontro coma local fronte ao Innova Chef (62-67)
O mércores 1 de Novembro, o Obradoiro Silleda recibía no pavillón municipal César González Fares de Silleda na sexta xornada ao Innova Chef, de Zamora. Un encontro que estivo marcado polas pequenas pero constantes alternativas no electrónico que cargaron de emoción o segundo encontro como locais dos obradoiristas esta tempada.
O partido comezou cun constante intercambio de golpes entre os dous equipos, a fluidez ofensiva dos locais unida á baixa porcentaxe exterior dos zamoranos fixo que o Obradoiro Silleda se puxese na metade deste primeiro cuarto con máis de dez puntos de vantaxe. Con todo, tras un tempo morto solicitado polo Innova Chef, os de Zamora comezaron a atopar solucións nos seus xogadores referentes devolvendo a igualdade ao partido e índose ao descanso cunha desvantaxe de tan só un punto.
Á volta do vestiario, o Obradoiro Silleda saíu mentalizado para cargar a pintura visitante e logrouno con varias accións contínuas nas que atoparon aos seus postes para xerar no 1x1. Con todo a falta de acerto unido a dous minutos de lucidez visitante, provocaron que os locais tivesen que parar o partido tras un parcial de 0-8 na súa contra.
A partir dese momento os obradoiristas sacaron toda a súa garra e continuaron pelexando para volver ao partido. Co apoio dunha animada bancada, tiveron varias oportunidades para darlle a volta ao marcador. Pero esta vez a moeda saíu cruz e, do mesmo xeito que ao comezo do terceiro cuarto, as baixas porcentaxes en cómodas posicións de tiro fixeron que a remontada non se producise.
Os parciais por cuartos foron: 21-15, 13-18, 9-17 e 19-17.
Con esta derrota, o Obradoiro Silleda queda nunha novena posición cun total de tres vitorias e dúas derrotas, empatado precisamente co Innova Chef.
Pouco tempo ten o equipo para o descanso xa que o vindeiro domingo, ás 18:00 horas, o Obradoiro Silleda xogará de novo na súa pista, esta vez fronte ao Baloncesto Venta de Baños, nunha xornada na que tratarán de recuperar as súas mellores sensacións para seguir coa boa liña deste inicio de tempada.
Estadísticas: http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=1892684