GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Un último encontro de Liga no que ningún dos equipos se xogaba nada na clasificación pero no que ambos querían rematar con boas sensacións e, no caso dos locais, que lles servirá de proba antes da Final Four da próxima fin de semana.

Dende o primeiro minuto o equipo local saíu moi forte en defensa e, dominando claramente o xogo interior, lograba unha importante vantaxe xa neste primeiro parcial.

No segundo cuarto, os locais seguiron cun magnífico traballo defensivo e, aproveitando as continuas opcións de contraataque, seguiron levando a iniciativa do encontro. Como resposta, os visitantes trataron de baixar o ritmo do encontro colocándose en zona pero non foron capaces de frear o ritmo dos obradoiristas.

Á volta de vestiarios, o equipo visitante comezou a encontrar maior acerto no seu tiro exterior o que, unido a un peor nivel defensivo dos locais, fixo que a segunda parte fora un constante intercambio de golpes que acabarían gañando os obradoiristas grazas ao seu dominio baixo os aros.

Finalmente contundente triunfo local por 89-63, que lles permite chegar á Final Four do próximo domingo en A Coruña nun gran estado de forma.

Os parciais por cuartos foron: 29-12, 16-7, 25-18, 19-26.

O debut do Cenor – Obradoiro CAB na Final Four será o domingo as 10:30 horas no Pavillón de Riazor fronte ao Basquet Xiria de Carballo, mentres que na outra semifinal se medirán ao anfitrión, Basquet Coruña, fronte o PBB Construccións Castro.