O Cenor – Obradoiro CAB logra a súa primeira vitoria na casa fronte ao Estudiantes de Lugo Leyma Natura (76-67)
O equipo santiagués empezou o partido con moita intensidade defensiva e velocidade, conseguindo un parcial inicial de 0-8 e rematar o cuarto cun 23-16 gracias a sumar moitos puntos ao contraataque.
No segundo tempo, o equipo local seguiu coa mesma tónica defensiva pero, pouco a pouco, os visitantes volvían a entrar no partido e igualalo.
Á volta do descanso, o equipo visitante comezou cun gran nivel de intensidade, creándolle moitos problemas ao equipo local, que aos poucos se foi metendo outra vez no partido (16-17).
Ao principio do último cuarto houbo bastantes nervios por parte dos dous equipos. Os visitantes puxéronse a presionar a media pista, ocasionando varias perdas para os obradoiristas que, a falta de 5 minutos do final, se recompuxo. Gracias a unha gran defensa de equipo lograron volver a anotar ao contraataque e acabar gañando o encontro dende a liña de tres puntos (22-17).
O vindeiro sábado, ás 18:00 horas no Lorenzo de la Torre, volverá a ter unha dura proba contra BBCA.