GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Segundo encontro do Obradoiro CAB - Cenor na segunda división junior o celebrado o pasado sábado, ás 16:00 horas, no pavillón Lorenzo da Torre. O partido comezou con moita igualdade onde a intensidade defensiva dos locais igualaba a calidade técnica do Basquet Ames pero, co paso dos minutos, as diferenzas comezaron a aparecer.

No primeiro cuarto, os locais sorprendían ao Basquet Ames cunha gran rapidez no seu xogo e cunha sólida defensa, onde se realizaban continuos cambios que desorientaron ao equipo rival. Pese a este gran inicio, no segundo cuarto, a acumulación de faltas facía imposible manter a intensidade defensiva, o que aproveitarían os de Ames para distanciarse no marcador.

A volta de vestiarios os obradoiristas lograron arrancar cun parcial de 8-0 que permitía volver a pelexar polo encontro, pero un serio Basquet Ames acabaría controlando os últimos minutos e levándose a vitoria.

Bo encontro dos obradoiristas, que seguirán a traballar para converterse nun equipo sólido.