GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Chegaba a hora do inicio da Liga e o Obradoiro CAB - Cenor facíao con varios xogadores lesionados o que, unido ao bo nivel mostrado durante o encontro polos locais, fixéronlle imposible competir pola vitoria.

Desde os primeiros minutos ambos equipos deron mostra do seu gran esforzo na pista e optaron por unha presión atafegante a toda pista, o que provocaba numerosas perdas de balón e demasiadas imprecisións no xogo.

Neste xogo, os locais souberon sacar partido, castigando preto do aro aos obradoiristas que se cargaron ademais con faltas persoais, o que lle limitaba aínda máis a súa rotación.

O Obradoiro CAB - Cenor que terá que seguir traballando para tratar de competir ao máximo no seu próximo encontro a semana que vén no pavillón Lorenzo da Torre.