Primeira derrota do Obradoiro CAB – Cenor na Copa Primavera (70-55)
Mal partido do Obradoiro CAB – Cenor que nunca se encontrou cómodo na pista e que cedeu a iniciativa dende o primeiro momento ao Enseñanza.
E é que os visitantes non mostraron o bo nivel defensivo que amosaran no primeiro encontro de Copa e, como consecuencia da baixa intensidade e calidade na súa defensa de 1x1, o equipo local foi capaz de anotar con facilidade dende o inicio do encontro. Pese a todo, os obradoiristas continuarían pelexando o partido, chegando ao final do segundo cuarto cunha vantaxe de nove puntos a favor do equipo local.
A tónica do terceiro cuarto foi similar, malas defensas unidas a decisións en ataque equivocadas. Xa no último tempo, o Obradoiro púxose as pilas e chegouse a poñer a un a falta de tres minutos pero unha gran reacción do Enseñanza, unido ao desacerto nos últimos instantes dos obradoiristas, fixo imposible a remontada.