GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

A pasada fin de semana, o Obradoiro Peleteiro recibiu ao Bosco Salesianos de Ourense, nun encontro de máxima igualdade durante boa parte do mesmo, no que os locais acabarían consolidando o triunfo durante o terceiro cuarto.

O partido comezaba cun ritmo frenético onde os obradoiristas arrincaron cun parcial de 11-2, pero de inmediato os visitantes engancháronse ao encontro e comezaron a castigar cada vantaxe que os locais lles concedían. O ritmo de anotación non paraba de subir e xa ao final da segunda parte ambos equipos pasaban dos cincuenta puntos anotados (53-52).

Tras o descanso, o Obradoiro Peleteiro deu mostra do seu mellor nivel defensivo e, despois dun gran terceiro cuarto no que eran capaces de frear o ataque visitante, lograban a máxima diferencia ao seu favor, índose aos últimos dez minutos con catorce puntos de vantaxe. Xa no último cuarto, os obradoiristas foron capaces de continuar traballando en defensa e reducir o ritmo de xogo do Bosco Salesianos para certificar un novo triunfo por 84-71.

Traballada vitoria do Obradoiro Peleteiro nun encontro onde na segunda parte foi capaz de manter o seu mellor nivel defensivo, e no que se sobrepuxo a frustración que atoparon por momentos con traballo en equipo.

Os parciais por cuartos foron: 23-20, 30-30, 21-8 e 10-11.

Na próxima xornada, o Obradoiro Peleteiro visitará o pavillón de Bouzas de Vigo, o luns as 20:30, para medirse a un duro rival como é o Seis do Nadal, nun encontro no que esperan volver ao seu mellor nivel de xogo para tratar de volver cunha importante vitoria.