GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

A pasado sábado, ás 12:00 horas o Obradoiro Peleteiro visitaba O Pombal nun encontro no que se comezaban a recuperar a varios lesionados que non puideran participar nas últimas xornadas.

Co arranque do encontro os locais mostraban moita verticalidade de cara ao aro, castigando con varias faltas persoais aos obradoiristas. Pero tras dous minutos de partido, e un tempo morto dos visitantes, o Obradoiro Peleteiro comezou a mostrar un gran nivel defensivo sobre o que afianzar o seu xogo.

Unha forte presión a todo campo no primeiro cuarto, seguido dun gran traballo de 1x1 a media pista no segundo parcial, permitían aos obradoiristas chegar ao descanso cunha cómoda diferenza no electrónico.

No inicio da segunda metade, o Obradoiro Peleteiro mantivo o nivel defensivo e foi castigando cada vez mellor as vantaxes producidas nos cambios defensivos dos locais. Xa no último período ambos equipos aproveitaron estes derradeiros minutos para probar diferentes situacións e seguir crecendo de cara ao futuro. Deste xeito, e cunha amplía rotación, os obradoiristas continuaron mellorando no seu xogo e pecharon unha nova vitoria por un 53-104 final.

Os parciais por cuartos foron: 13-25, 13-25, 9-35 e 18-19.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Peleteiro recibirá en Montouto ao Bosco Salesianos o sábado a partir das 18:00 horas.