GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado sábado, ás 12:00 horas, o Obradoiro Peleteiro visitaba a un dos equipos máis en forma da competición: un Instituto Rosalía que soamente perdera dous encontros en toda a temporada. E facíao nunha semana chea de contratempos que facían que ata tres xogadores non puideran disputar o encontro.

Dende o comezo do choque quedaba claro que ía a ser un partido cun gran ritmo de xogo, xa que ambos equipos trataban de anotar en situacións rápidas. Mentres os visitantes castigaban cerca do aro, os locais sumaban os seus primeiros nove puntos dende máis ala da liña de 6,75. Os obradoiristas tiñan moitas dificultades para chegar a defender todas as posicións de tiro dos locais, manténdose a igualdade neste primeiro período. 

A partir do segundo cuarto, o Obradoiro Peleteiro deu un salto no seu nivel defensivo e, a pesar do acerto do Instituto Rosalía no partido, que remataría convertendo doce triplas ao final do encontro, foi capaz de comezar a encontrar moitas máis situacións de campo aberto grazas ao dominio do rebote e a varios roubos en primeira liña de pase, chegándose así ao descanso cunha vantaxe de 36-52 para os visitantes.

Na segunda parte, os locais non lle perderon a cara ao encontro, mantendo o seu acerto exterior e logrando entrar nos últimos dez minutos ca mesma diferenza no marcador. Sen embargo, o Obradoiro Peleteiro foi capaz de dar un último golpe nestes últimos dez minutos, impedindo a remontada local, e logrando un importantísimo triunfo contra un gran rival por un 67-99 final.

Os parciais por cuartos foron: 18-18, 18-34, 22-24 e 9-23.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Peleteiro recibirá ás 10:00 horas en Montouto ao C.B. Tui, nun encontro para o que esperan comezar a recuperar lesionados e tratar de manter o bo ritmo de xogo.