GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Obradoiro Peleteiro recibía no seu campo ao que, xunto a eles, era o único equipo invicto neste inicio de tempada, nun encontro ao que ámbolos conxuntos chegaban nun bo momento de xogo.

Sabendo da importancia do partido, os locais comezaron cun gran ritmo de xogo no que a través dun gran nivel defensivo e dunha boa ocupación de espazos lograban rápidamente vantaxes de dez puntos. Co paso dos minutos, os visitantes ían encontrando mellores situacións de tiro e impedindo que as diferenzas foran a máis.

No segundo período, os locais eran capaces de axustar de novo a súa defensa para volver a pegar un estirón no marcador e chegar ao descanso dominando o encontro.

A volta de vestiarios, os visitantes trataron de sorprender con varios cambios na súa defensa, e lograríano durante varios minutos pero, co avance do encontro, o Obradoiro Peleteiro foi de novo atopando boas situacións de lanzamento ao tempo que mantiña o seu gran nivel defensivo, logrando deste xeito unha importantísima vitoria por un 91-51 final.

Os parciais por cuartos foron: 23-10, 26-12, 13-16 e 29-13.

A próximo fin de semana o Obradoiro Peleteiro viaxará ata Lugo para enfrontarse a un sempre complicado Estudiantes, nun encontro no que pelexaran para manter o seu bo nivel de xogo.