GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado sábado, ás 10:00 horas, o Obradoiro - Peleteiro arrancaba a súa temporada como local fronte a un Xuven de Cambados que chegaba nun gran momento de forma ao lograr nas últimas xornadas o seu ascenso á Liga Galega junior.

O encontro comezou cun gran ritmo por parte dos locais. O seu nivel defensivo e o control do rebote permitíalle escoller o ritmo do partido e conseguir importantes diferenzas no marcador desde os primeiros minutos. Uns dez primeiros minutos nos que ata oito xogadores do Obradoiro-Peleteiro conseguiron anotar.

A pesar deste gran arranque dos locais, o Xuven non se rendeu en ningún momento e no segundo período lograba competir ao máximo grazas ás súas boas porcentaxes desde a liña de tiros libres e desde o triple.

Na segunda parte os locais volveron dominar o ritmo do partido e puideron seguir traballando en aspectos que seguro lles axudarán a mellorar de cara ao futuro.

Gran estrea como local do Obradoiro-Peleteiro nun partido no que ata seis dos seus dez xogadores pasaron da decena de puntos.

Os parciais por cuartos foron: 29-10, 21-17, 25-15 e 17-7.

A próxima semana o Obradoiro - Peleteiro viaxará ata Ourense para medirse ao Bosco Salesianos, o sábado, ás 12:00 horas.