GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas lograron unha merecida vitoria grazas a un excelso segundo tempo no que os visitantes amosaron a súa mellor versión anotando un total de trinta e oito puntos.

Despois de varias derrotas en finais moi axustados, o Obradoiro CAB – Cenor realizou un encontro moi serio na súa visita ao campo do ADB Fontiñas, nun partido no que despois de ir igualados ao descanso, realizaron uns fantásticos últimos minutos para levarse unha meritorio triunfo.

A próxima semana o Obradoiro CAB – Cenor recibirá, o domingo as 10:00 horas, ao EDM A Estrada.

Parciais: 6-10, 12-14, 4-18 e 0-20.