GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas perden nos derradeiros segundos dun disputadísimo derbi fronte ao Instituto Rosalía de Castro.

Ningún dos dous equipos gozou de grandes vantaxes no marcador, cun primeiro parcial favorable aos locais (16-11) e un segundo favorable aos visitantes (10-16).

Malia que o Rosalía saíu con agresividade tras o descanso, os obradoiristas mantiñan o tipo xogando ben, apuntándose tamén o terceiro parcial (16-18).

Co partido igualado, unha tripla con suspense a falta de poucos segundos, decantou a vitoria ó bando local, se ben puido gañar calquera (17-11 no último cuarto).

O Cenor Obradoiro CAB demostrar estar en clara melloría, recuperando de novo o tono defensivo ó longo dos corenta minutos e dominando o rebote. O próximo fin de semana o Cenor Obradoiro CAB disputará un novo derbi, esta vez o sábado as 16:00 horas fronte o Peleteiro en Montouto.