GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas conseguen a súa primeira vitoria na 1ª División infantil fronte ao Be One Ría de Ribadeo por un axustado 69 a 65, nun partido no que os locais foron capaces de mandar no marcador desde os primeiros minutos.

O primeiro período caracterizouse pola boa actividade defensiva dos locais, que ademais lles permitía anotar canastras fáciles, outorgándolles as primeiras vantaxes no electrónico.

Buscaron os obradoiristas romper o encontro no terceiro cuarto no que, grazas ao seu bo rendemento en ambos os lados da pista, lograron vantaxes próximas aos vinte puntos a pesar da defensa zonal dos visitantes.

Pero os lucenses, que estaban máis rodados ao vir de lograr o ascenso á Liga Galega infantil, non lle perderon a cara ao partido e obrigaron aos locais para realizar uns serios últimos minutos para poder certificar a primeira vitoria desta nova tempada.

Os parciais por cuartos foron: 22-16, 18-13, 17-16 e 12-20)

Na próxima xornada, o Cenor-Obradoiro CAB visitará ao C.B. Culleredo o domingo ás 10:00 horas.