Vitoria a domicilio do Obradoiro CAB – Cenor ante o Elidente C.B. Rianxo (26-80)
A xornada 2 da segunda volta xogouse o 20 de Xaneiro no pavillón de Rianxo, deixando un marcador final de 26-80.
De novo foi clave a actividade defensiva nas liñas de pase do Obradoiro para poder frear o xogo rival e poder correr eles mesmos e anotar con facilidade. Os visitantes mantivéronse regulares en canto anotación en todos os cuartos, especialmente nos tres primeiros índose a anotacións superiores aos 20 puntos. Se revisamos os parciais tamén podemos ver que, como empeza a ser costume, no comezo e tras o paso por vestiarios é onde máis apretaron en defensa os de David Arias. Deixando aos locais por debaixo de cinco puntos no primeiro e no terceiro.
Unha nova vitoria para o Obradoiro CAB – Cenor na segunda volta, que afianza o novo selo de identidade “correr a través da defensa”, antes de xogar contra o Rosalía Fedesa na vindeira xornada.