GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O partido aprazado que correspondía á xornada 2 finalmente tivo lugar este 26 de novembro no pavillón Lorenzo de La Torre, onde os locais remataron por impoñerse por 73-24.

Tras un bo primeiro cuarto de ambos equipos, cun ritmo alto nas transicións, o marcador reflexaba un 18-11 para o Obradoiro CAB – Cenor. No segundo ambos equipos sumaron máis erros por malas decisións en ataque e falta de orde nos ataques estáticos. Aínda así, os de David Arias puideron seguir aumentando a súa vantaxe gracias a varios roubos que finalizaron en contraataques sen oposición, para deixar esta vez un 12-6.

Tras volver dos vestiarios, o equipo local subiu o seu nivel de presión sobre as liñas de pase rivais dificultando moito o xogo ao seu rival e comezou a ler mellor as situacións de vantaxe en ataque estático. Isto permitiulles endosar un parcial de 24-2 que remataría de decantar o encontro. Sabendo manter o nivel defensivo nos últimos dez minutos, o derradeiro tanteo sería de 19-5 para os locais de novo.

Partido que mantén invicto ao Obradoiro CAB – Cenor antes de visitar ao Parrillada A Nosa Ría CBPS a próxima fin de semana correspondente á xornada 6 e xogar o outro encontro aprazado ante Rosalía Fedesa.