GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Este domingo o Obradoiro CAB - Cenor comezou a súa competición cunha vitoria no Polideportivo Municipal de Pobra do Caramiñal cun marcador de 43-61 ante o Expertia Asesores.

Foi clave o inicio do partido onde os visitantes, cunha gran actividade defensiva e moitas rotacións, conseguiron recuperar balóns e correr ao contraataque, establecendo un parcial de 7-19 no primeiros dez minutos. No segundo cuarto este nivel de actividade baixou e os locais souberon aproveitalo gañando ese período por 18-13, índose aos vestiarios por baixo da barreira dos dez puntos.

Xa na segunda parte, os xogadores do Obradoiro conseguiron impoñer o seu ritmo novamente, axustando mellor a defensa do bloqueo directo e coas ideas máis claras en ataque, grazas ao que puideron aumentar aínda máis a diferenza nos dous últimos cuartos (9-11 e 9-18).

Vitoria importante para comezar a Liga coa confianza reforzada no traballo que se está levando a cabo desde a pretemporada, e afrontar en mellor situación o próximo partido contra o Elidente CB Rianxo.