GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Final do cruce polo quinto posto na Segunda División cadete de Santiago de Compostela cunha nova vitoria do Básquet Ames ante o Obradoiro CAB-Cenor.

Ao igual que sucedeu na ida, o Básquet Ames soubo saír máis concentrado ao partido, cuns primeiros minutos cun gran nivel defensivo nos que lograron deixar un parcial de 5-13 no primeiro cuarto. Cando parecía que os de David Arias desapareceran do partido, mostraron un gran carácter defensivo con moi boas axudas e unha gran xenerosidade en ataque que lles permitiron case devolver o parcial no segundo cuarto cun 11-4.

Tras o paso polos vestiarios, o Obradoiro CAB-Cenor logrou manter o ritmo que lle interesaba, nun terceiro cuarto que finalizou 6-7 nun partido no que comezaban a imporse as defensas e no que non permitían correr ao seu rival, unha das súas mellores virtudes. Tivo que decidirse todo no último tempo, onde os locais se deixaron levar pola impaciencia do marcador e o tempo cometendo moitos erros na toma de decisións e concedendo un parcial de 6-16 que os levaría a derrota definitivamente.

A pesares do mal sabor que deixa a derrota, é verdade que o Obradoiro CAB-Cenor puido verse penalizado pola falta de experiencia neste tipo de final igualado. Pero aínda así non empaña o mostrado nos tres primeiros cuartos, onde este equipo demostrou o traballo de toda a tempada deixando unha boa imaxe.