Vitoria do Básquet Ames na ida polo quinto e sexto posto ante o Obradoiro CAB-Cenor (57-36)
No Polideportivo O Milladoiro, os locais acadaron unha importante vitoria de cara a volta no cruce ante o Obradoiro CAB-Cenor por 57-36.
Na ida desta pugna polo quinto posto, o Básquet Ames saíu moi metido no partido desde o salto inicial cunha presión moi intensa que lle permitiu roubar balóns e comezar cun parcial de 17-9 nos primeiros 10 minutos. Xa no segundo cuarto, o Obradoiro CAB-Cenor conseguiu establecer un ritmo máis acorde ás súas características, pero aínda así o parcial volveu a ser desfavorable cun 12-11.
Tras o paso polos vestiarios o cansancio volveu facer mella nos de David Arias que, incapaces de manter o ritmo elevado que impuxeron os locais, volveron encaixar duros parciais na súa contra nos dous seguintes cuartos, 18-11 e 10-5.
O próximo sábado terá lugar o partido de volta no que o Básquet Ames parte como favorito tras acadar esta vantaxe de 21 puntos, pero os rapaces do Obradoiro CAB-Cenor xogando na casa de seguro que saldrán a pelexar ata a bucina final.