GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Dende os primeiros minutos o equipo local impuxo un ritmo alto nas súas transicións sen confiarse pola vantaxe xerada na ida. Esta velocidade en ataque e o acerto no tiro exterior, especialmente dende as esquinas, permitiu lograr escaparse no marcador nos primeiros minutos. A pesares disto, os visitantes non quixeron perderlle a cara ao partido e, gracias a varios axustes defensivos, no segundo cuarto conseguiron manter as distancias no segundo período.

Tralo descanso os obradoiristas conseguiron cortar o ritmo de ataque dos rivais e grazas a unha forte presión a toda pista remataron por sentenciar a eliminatoria.

Os parciais por cuartos foron: 18-9, 13-13, 12-3 e 15-6.

Esta vitoria permítelle ao Obradoiro CAB – Cenor pelexar co Basquet Ames pola quinta praza da segunda división cadete de Santiago.