O Obradoiro CAB – Cenor comeza a eliminatoria contra o Nucamsa Basketdeza cunha vitoria como visitante (27-51)
Primeiro partido do cruce a dobre volta que da dereito a competir pola quinta ou sexta praza ao gañador, así como o que saia derrotado seguirá xogando pola sétima e a oitava.
Os primeiros minutos do encontro foron os máis igualados do partido cun ritmo bastante alto dos dous equipos, pero no que o Obradoiro CAB-Cenor sacou partido levándose o primeiro cuarto cun parcial de 7-12. Os visitantes antes do descanso apertaron aínda máis en defensa o que permitiu un parcial de 3-10 no segundo cuarto que rachou o partido.
Xa na segunda parte, o equipo local viuse obrigado a poñer unha zona polo cansancio dos seus xogadores e a súa corta rotación. A pesares do pouco acerto exterior do Obradoiro CAB-Cenor, so un triple convertido en todo o partido, conseguiron manter a paciencia e mover ben o balón para atopar penetracións cómodas polo centro da zona e manter o seu ritmo anotador. Isto permitiulles rematar o partido ganando tamén os dous últimos parciais: 7-13 e 10-16.
Vantaxe de 24 puntos para o partido de volta que terá lugar a próxima fin de semana, que o Obradoiro CAB-Cenor intentará manter para poder chegar á pelexa polo quinto e sexto posto.