Comezaron os cruces de cuartos de final entre os equipos da categoría cadetes do Obradoiro CAB (31-75)
O partido de ida levouno o Cenor – Obradoiro CAB por 31-75, baixo un gran ambiente familiar obradoirista no pavillón de Pontepedriña, o domingo ás 12:00 horas da maña.
O encontro foi de rachas por parte de ámbolos dous equipos, onde houbo dous cuartos para cada equipo en canto ao protagonismo no xogo.
O Cenor – Obradoiro CAB dominou o primeiro e cuarto período, estando con boa solidez defensiva e presenza no rebote, boas transicións rápidas e unha correcta circulación de balón en ataques estáticos.
O segundo e terceiro cuarto foron protagonizados polo Obradoiro CAB - Cenor, onde demostraron gran carácter defensivo, boas opcións dun contra un, e xogo colectivo estando acertados en tiros de media e longa distancia.
Os parciais de cuartos foron: 8-25, 12-13, 9-16 e 2-21.
Mención especial ao gran ambiente vivido polos equipos e familias obradoiristas, onde se xuntaron o dous equipo ao final do partido no centro do campo para facer xuntos o grito "1, 2, 3 OBRA!! final, e posterior foto conxunta dos equipos baixo o gran aplauso da familia obradoirista no pavillón de Pontepedriña.
O partido de volta xogarase o vindeiro domingo 19 de marzo no pavillón municipal Lorenzo de la Torre a partir das 12:00 horas.