GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado sábado, no pavillón municipal de Rianxo, o Obradoiro CAB – Cenor inaugurou o seu casilleiro de vitorias contra o Elidente Rianxo nun partido que finalizou cun 21-59 no marcador.

O partido non comezou ben para os visitantes dado que encaixaron un parcial en contra de 8-0, o que obrigou ao adestrador a pedir un tempo morto cando apenas transcorreran 3 minutos de partido. Parcial ao que souberon repoñerse para acabar gañando 8-10 ao final do primeiro cuarto.

No segundo cuarto saíron coas ideas máis claras dende o principio e moi agresivos na defensa de un por un, o que lles permitiu anotar canastras fáciles ao contraataque e establecer un tanteo de 0-24 neste cuarto.

Tras o paso polos vestiarios, os de David Arias aproveitaron para probar novos recursos en ataque e seguir afianzando aspectos defensivos que aínda teñen moito marxe de mellora. Sen descoidar en ningún momento a diferenza no marcador gañando tamén estes dous últimos cuartos para acabar firmando o seu primeiro triunfo do ano por un 21-59.

Unha vitoria que dará confianza aos rapaces tras a derrota avultada no único partido que xogaran ata agora e que axuda a seguir crendo no traballo e aumentar a motivación para afrontar o próximo partido contra Peleteiro na próxima xornada.