GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O sábado, o Obradoiro CAB - Cenor impúxose por 56-20 ao Elidente C.B. Rianxo no pavillón Lorenzo de la Torre de Santiago de Compostela.

Un partido cun primeiro cuarto algo trabado para ambos equipos en ataque que finalizou cun parcial 9-6 favorable aos locais. O segundo cuarto foi o máis produtivo sen dubida para os de David Arias, no que contaron con máis opcións de puntos fáciles ao aumentar o ritmo das súas transicións ofensivas, para anotar neste cuarto 19 puntos por só 7 do seu rival.

Tras o paso por os vestiarios, os obradoiristas seguiron impoñendo o seu ritmo no partido, alternando distintas defensas, que os levou a seguir ampliando de forma regular a súa vantaxe. Deixando un 14-3 no terceiro cuarto e un 14-4 no último.

Unha nova vitoria para manter a terceira praza na clasificación e para reforzar a confianza dos xogadores do Obradoiro CAB - Cenor para o próximo partido contra o segundo clasificado, o Peleteiro B.