GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Este sábado o Obradoiro CAB - Cenor sumou unha nova vitoria importante para seguir pelexando pola terceira praza do grupo, no pavillón Lorenzo de la Torre de Santiago. Impúxose esta vez a o C.B. Riveira cun marcador de 53-37.

Os primeiros minutos do partido estiveron marcados por unha alta intensidade na defensa do 1x1 de ambos equipos o que propiciou un alto número de pérdidas por parte de ambos conxuntos e tiros errados. Os locais estiveron máis atinados neste ritmo un pouco caótico e acabáronse impoñendo no primeiro cuarto 13-7. Mais do mesmo ocorreu nos seguintes dez minutos nos que novamente creceu un pouco a distancia no marcador establecendo un parcial de 12-8.

Tras o paso polos vestiarios, os visitantes viron con máis facilidade o aro castigando en transición varios balances defensivos dos de David Arias. Aínda así o Obradoiro CAB-Cenor mantivo o seu ritmo ofensivo para continuar coa vantaxe do marcador rematando este cuarto 14-14. Xa no último o equipo local mantivo a súa cadencia anotadora e volveu a incrementar o nivel defensivo, corrixindo os errores do anterior cuarto, o que lles serviu para ampliar un pouco máis a vantaxe cun 14-8 nestes últimos dez minutos.

Vitoria transcendental para seguir crecendo como equipo e manter a posibilidade de ser terceiros do grupo. Praza que semella se decidirá na derradeira xornada no enfrontamento co cuarto clasificado o Nucamsa Basketdeza.