GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Obradoiro CAB - Cenor caeu ante un duro rival como é o Rosalía Fedesa por 70-25 no primeiro partido de Liga disputado no pavillón Pio XII de Santiago de Compostela.

O partido comezou cunha gran presión a todo campo por parte de Rosalía que o Obradoiro CAB - Cenor non conseguía superar, o que supuxo un parcial de 17-5 no primeiro cuarto. No segundo tempo, os de David Arias comezaron a superar a primeira liña de presión, pero en ataque continuaban perdendo demasiados balóns, o que soubo aproveitar o Rosalía para converter moitas canastras fáciles ao contraataque e aumentar desta forma o parcial (25-6).

Tras o descanso, os visitantes mostraron unha nova cara deixando unha idea de cal pode ser o seu nivel real se aumentan o nivel de concentración e conseguiron aparecer en partido dende o primeiro minuto, realizando o seu mellor cuarto como así o reflicte o parcial deste tempo (14-10). Finalmente, o Obradoiro CAB - Cenor, condicionado pola gran diferenza no marcador, volveu deixarse levar no último cuarto, para finalizar o partido cun resultado de 70-25.

Unha dura derrota na que o Obradoiro CAB - Cenor deixou por momentos escintileos de que o seu nivel está por riba do mostrado neste partido e do reflectido no marcador. O seu seguinte encontro será na casa contra o Elide C.B. Rianxo con dúas semanas para prepararse e tentar lograr a súa primeira vitoria.