GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O sábado, ás 18 horas, xogábase en Lorenzo de La Torre a segunda xornada da fase A1 da Liga Galega cadete entre o Cenor Obradoiro e o Baloncesto Porriño.

O partido empezaba con moi bo ritmo imposto polos locais que, a base de dominar o rebote defensivo, era capaz de correr o campo e conseguir canastras de ataque rápido.

No segundo cuarto, os visitantes subían o ritmo e intensidade, ante unha pequena relaxación dos obradoiristas, sendo capaces de facer dano en transicións rápidas e rebote ofensivo, para igualar o partido indo ao descanso cun marcador de 26-24 favorable ao local.

Na segunda parte, o Cenor Obradoiro saíu moito mais concentrado e intenso en defensa, conseguindo parar as transicións rápidas do Porriño, en ataque circulando ben o balón e seleccionando ben os tiros, eran capaces de abrir diferenzas no electrónico.

O Porriño non baixou os brazos e tentou apertar máis en defensa pero os obradoiristas foron capaces de ler as vantaxes que xeraban e así seguir abrindo brecha ata o 63-41 final.

Os parciais de cuartos foron: 19-13, 7-11, 21-11 e 16-6.

No próximo partido, o Cenor Obradoiro visitará ao Alter Saúde Marín Peixe Fresco, o domingo 11 ás 12:00 horas, nunha partido clave para a clasificación.