GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O sábado, ás 18 horas, xogouse a 14ª e última xornada da primeira fase da Liga Galega entre o Cenor Obradoiro CAB e o Seguros Fraga Basket Ferrol.

O partido comezou de forma discreta para ambos os equipos, que lles custaba moito conseguir vías de anotación e onde os visitantes, a base de gañar no rebote ofensivo, dese a cara máis forte no partido.

No segundo cuarto, o Cenor Obradoiro foi capaz de corrixir os erros no rebote e aos poucos empezaba a poder correr o campo con transicións rápidas e abrir as primeiras distancias no marcador, chegando ao descanso con 8 puntos de diferenza (26-18).

Logo de pasar polos vestiarios, os locais foron o equipo que demostrou unha gran evolución na segunda volta, e impuxeron o seu ritmo para acabar de romper o partido acabando cunha diferenza de 20 puntos no marcador.

No último cuarto, os visitantes seguiron plantándolle cara ao partido e complicaron o ataque obradorista cunha defensa zonal 3-2, pero aínda así os locais mantiveron a diferenza no electrónico ata o 58-39 final.

Os parciais de cuartos foron: 10-10, 16-8, 20-8 e 12-13.

O próximo partido será fixado a partir do próximo martes 20/2 no sorteo da segunda fase, que se competirá entre os 4 primeiros das fases Norte e Sur polo título Galego e a clasificación para a fase final do Campionato de España cadete masculino.